Cando o sinxelo se torna marabilloso

O outro día, por casualidade, cheguei a ter nas mans un rueiro de Londres, que non é pequeno precisamente. E que se acompaña na contraportada dun plano do metro (tamén de Londres, evidentemente) .

Son preciosos os deseños dos planos de metro.

O caso e que me puxen a investigar un pouco pola rede, e descubrín un artigo moi interesante nunha bitácora chamada Polaroids.

Dentro dos planos de metro atopamos dous tipos, os que son fies á representación xeográfica, e os que non, que serán ós que estamos máis acostumados. Os de este segundo tipo, se orixinaron a partir do deseño que fixo o delinante Harry Beck alá polo ano 1933 para simplificar o deseño da liña de metro de Londres, representandoo de forma máis esquemática, sen ser precisos na representación xeográfica (realmente interesa saber por debaixo de qué cousas pasamos), con liñas rectas en ángulos de 90 e 45 graos.

O resultado foi un dos deseños máis representativos da cidade de Londres.

Como curiosidades, un par de links.

http://www.p22.com/products/london.html , onde podedes mercar a fonte que se usa no plano do metro de Londres.

http://www.animalsontheunderground.com/ ,  sitio onde buscan os animais que se agochan no plano.

Cortesía de: esmuz.net

Advertisements
Publicado en Deseño. Etiquetas: , , . Leave a Comment »