QR Code

O código QR é coma un código de barras ou matriz gráfica creada por Denso-Wave no ano 1994. É polo tanto, unha maneira de almacenar datos, coa peculiaridade que éstes poden ser descifrados polas cámaras dos vosos teléfonos, con tan só instalar unha pequena aplicación.

En Xapón xa hai un tempo que andan tolos co tema dos QR, e a verdade e que ten as súas aplicacións.

Por exemplo, para meter datos de contacto ou direccións web no móbil, xa non é necesario escribilos, chega con apuntar coa cámara ó noso QR persoal.

Por exemplo, se enfocades ó seguinte QR

podedes entrar na miña dirección web sin ter que escribila. (Xa hai moitos portais que se anuncian desta maneira na prensa escrita).

Por certo, para baixar o programiña en cuestión

http://reader.kaywa.com/

e un xerador de QR’s

http://qrcode.es/?page_id=18&language=es

e por último, unha frikada, un chiste dos monty python nun QR

Advertisements

Unha nova etapa

Pois deixo unha etapa como profe do Sagrado corazón para empezar unha nova como profe sustituto da Xunta de Galicia.

Espero que todo vaia ben.

Esta semana no Blanco Amor de Ourense.

Hello world!

Cando un fai unha cousa destas, se supón que é porque ten cousas para contar, e xente que as quere oir.

Non teño moi claro que eso suceda no meu caso. Xa non tanto porque non teña cousas que contar, senon porque desconfío da miña capacidade para facelo de forma atractiva.

A pesar de todo, esto pode ser un exercicio para obligarme a millorar en ese sentido.

Espero que disfrutedes do que por aquí vaia pasando.

Unha aperta