QR Code

O código QR é coma un código de barras ou matriz gráfica creada por Denso-Wave no ano 1994. É polo tanto, unha maneira de almacenar datos, coa peculiaridade que éstes poden ser descifrados polas cámaras dos vosos teléfonos, con tan só instalar unha pequena aplicación.

En Xapón xa hai un tempo que andan tolos co tema dos QR, e a verdade e que ten as súas aplicacións.

Por exemplo, para meter datos de contacto ou direccións web no móbil, xa non é necesario escribilos, chega con apuntar coa cámara ó noso QR persoal.

Por exemplo, se enfocades ó seguinte QR

podedes entrar na miña dirección web sin ter que escribila. (Xa hai moitos portais que se anuncian desta maneira na prensa escrita).

Por certo, para baixar o programiña en cuestión

http://reader.kaywa.com/

e un xerador de QR’s

http://qrcode.es/?page_id=18&language=es

e por último, unha frikada, un chiste dos monty python nun QR

Advertisements

Trampantojo

Se hai unha técnica da pintura con un nome chulo ese é o trampantojo.

A orixe parece ser que é francesa e ven a decir trampa ó ollo.

Básicamente consiste en enganar á vista mediante a perspectiva ou outros elementos.

"Escapando de la critica", 1874, col. Banco de España Pere Borrell

Nnon é esto algo novo e podemos atopar trampantojos en todas as épocas da pintura, si ben na actualidade se ben aplicando esto a un montón de cousas, e deixo unha pequena mostra para que o desfrutedes.

Por certo, creo recordar que na librería do CGAC tiñan un libriño (creo que da TASCHEN) non moi caro sobre o tal trampantojo.

Apertas

Mirade que bonitos poñen ós trens no Xapón

Algún día conseguirei ir ó pais onde nace o sol

Podedes ver máis na páxina de onde o quitei www.pinktentacle.com

Saudos

Unha nova etapa

Pois deixo unha etapa como profe do Sagrado corazón para empezar unha nova como profe sustituto da Xunta de Galicia.

Espero que todo vaia ben.

Esta semana no Blanco Amor de Ourense.