Espido

Hai moitos anos, tiven a inmensa sorte de que me dese clases de Historia da Arte Luis Areán.

Recoñezo que foron esas clases as que fixeron que hoxe eu ande por aquí en calidade de músico (non sei si como músico de calidade).

Un dos recordos que teño máis vivo é cando Luís non mostrou un cadro de Duchamp.  “Espido baixando unha escaleira”

Me gustaría revivir con este post a memoria do que foi un gran mestre e un gran amigo para min, Luís Areán.

Por certo, que atopei unha agradable sorpresa en laperiferiaeselcentro da man de Calvin and Hobbes

Un saudo.

Advertisements
Publicado en Pintura. Etiquetas: , , . Leave a Comment »

Cando o sinxelo se torna marabilloso

O outro día, por casualidade, cheguei a ter nas mans un rueiro de Londres, que non é pequeno precisamente. E que se acompaña na contraportada dun plano do metro (tamén de Londres, evidentemente) .

Son preciosos os deseños dos planos de metro.

O caso e que me puxen a investigar un pouco pola rede, e descubrín un artigo moi interesante nunha bitácora chamada Polaroids.

Dentro dos planos de metro atopamos dous tipos, os que son fies á representación xeográfica, e os que non, que serán ós que estamos máis acostumados. Os de este segundo tipo, se orixinaron a partir do deseño que fixo o delinante Harry Beck alá polo ano 1933 para simplificar o deseño da liña de metro de Londres, representandoo de forma máis esquemática, sen ser precisos na representación xeográfica (realmente interesa saber por debaixo de qué cousas pasamos), con liñas rectas en ángulos de 90 e 45 graos.

O resultado foi un dos deseños máis representativos da cidade de Londres.

Como curiosidades, un par de links.

http://www.p22.com/products/london.html , onde podedes mercar a fonte que se usa no plano do metro de Londres.

http://www.animalsontheunderground.com/ ,  sitio onde buscan os animais que se agochan no plano.

Cortesía de: esmuz.net

Publicado en Deseño. Etiquetas: , , . Leave a Comment »

Hello world!

Cando un fai unha cousa destas, se supón que é porque ten cousas para contar, e xente que as quere oir.

Non teño moi claro que eso suceda no meu caso. Xa non tanto porque non teña cousas que contar, senon porque desconfío da miña capacidade para facelo de forma atractiva.

A pesar de todo, esto pode ser un exercicio para obligarme a millorar en ese sentido.

Espero que disfrutedes do que por aquí vaia pasando.

Unha aperta